lunes, 9 de febrero de 2009

FOTOS DA PRIMEIRA XORNADA DA LIGA INTERNA DE COLEXIOS 09

O pasado venres 6 de febreiro tivo lugar nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos a primeira xornada da 7ª Liga Interna de Colexios LINCO - Linorsa 2009 organizada un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

Nesta primeira xornada competiron os equipos das dúas categorías (premini e mini) reunindo na tarde do venres a máis de 12 equipos e a máis de 100 rapaces e rapazas co obxectivo único de divertirse co baloncesto e coa competición.

O próximo venres 13 de febreiro celebrarase nas instalacións de Balaídos a segunda xornada desta "Liga das Estrelas".

Xa está dispoñible no album de fotos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia unha nova sección coas fotografías desta sétima edición da Liga Interna de Colexios. Podedes acceder a estas fotos pulsando no menú da esquerda da páxina web ou pulsando aquí.

No hay comentarios: