miércoles, 25 de febrero de 2009

FOTOS DA TERCEIRA XORNADA DA LIGA INTERNA DE COLEXIOS 09

 

 

 

 

 

O pasado venres 20 de febreiro tivo lugar nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos a terceira xornada da nosa 7ª Edición da Liga Interna de Colexios LINCO - Linorsa 2009 organizada unha tempada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

Durante a tarde do venres competiron novamente as categorías mini e premini desta "Liga das Estrelas" reunindo nas pistas de Balaídos aos máis de 100 participantes nesta competición escolar.

 

Moitos dos presentes nesta xornada da LINCO 09 adiantáronse ás celebracións do Entroido e apareceron disfrazados para facer da tarde da "Liga das Estrelas" unha tarde de baloncesto, convivencia e moita diversión.

O próximo venres 27 de febreiro celebrarase nas instalacións de Balaídos a cuarta xornada da LINCO - Linorsa 2009, xornada na que se volveran a reunir os 12 equipos participantes nesta competición de Escolas Deportivas.

Xa está dispoñible no album de fotos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia unha nova sección coas fotografías desta sétima edición da Liga Interna de Colexios. Podedes acceder a estas fotos pulsando no menú da esquerda da páxina web ou pulsando aquí.

No hay comentarios: