lunes, 2 de marzo de 2009

FOTOS DA CUARTA XORNADA DA LIGA INTERNA DE COLEXIOS 09

 

 

 

 

O pasado venres 27 de febreiro tivo lugar nos Baixos do Estadio Municipal de Balaidos a cuarta xornada da 7º edición da Liga das Estrela - LINCO Linorsa 09, organizada unha tempada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

Comezaron esta xornada os equipos de categoría Mini ás 16:00 horas e competiron ata as 17:00 horas. A continuación tivo lugar a xornada Premini rematando ás 18:00 horas. Entre as dúas categorías reuníronse un venres máis un centenar de xogadores e xogadoras en idade escolar.

O proximo venres 6 de marzo terá lugar unha nova xornada da Liga Interna de Colexios 2009 rodeada unha vez máis de baloncesto e moitas outras actividades.

Xa está dispoñible no album de fotos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia unha nova sección coas fotografías desta sétima edición da Liga Interna de Colexios. Podedes acceder a estas fotos pulsando no menú da esquerda da páxina web ou pulsando aquí.

No hay comentarios: